contacta connosco: Patricia Canabal - Coordinadora. Teléf.: 651365100

Gústanos traballar con xente, axudar, formar, enriquecer, dar unha visión mais optimista do mundo, estimulalos a mergullarse en si mesmos, mostrar camiños alternativos, encontrar o propio e impulsalos a descubrir, a experimentar con todo, a ser capaz de vivir aportando algo mais. Tratamos de traballar sentíndonos a gusto co que facemos, e tratando de involucrarnos en proxectos diferentes, novos, innovadores cun desexo do desenrolo do ser humano. Esta é a orientación do Grupo Baobab.

 

As nosas propostas de traballo son:

  • Programas específicos de formación para mediadores sociais e profesionais.
  • Elaboración de programas adaptados ós centros educativos (contidos, obxectivos, áreas, ciclos, actividades, temporalización).
  • Coordenación e apoio continuo cos orientadores/as.
  • Obradoiros formativos para as ANPAS: escolas de Familias.
  • Formación específica ó profesorado: prevención drogodependencia, habilidade de comunicación, temas transversais.
  • Habilidades para a linguaxe oral e escrita.
  • Plans de acción titoriais: dinámicas para as titorias, habilidades sociais, comunicación.
  • Obradoiros de desenvolvemento persoal para rapaces: habilidades sociais, educación en valores, expresión corporal, fomento de vida saudable.
  • Logopedia preventiva para mestres, pais e nenos.
  • Xornadas de divulgación para poboación en xeral.